Axudas para titulares de terreos cinexéticos ordenados, destinadas á conservación das poboacións de caza menor

Publicidade

Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestruturas

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150205/AnuncioCA02-280115-0006_gl.pdf

Prazo: Ata 06/03/2015

Resumo:

Axudas destinadas a titulares de terreos cinexéticos ordenados (TECORES) para a recuperación das poboacións de perdiz rubia e coello de monte.

Poderán acollerse a estas axudas tanto corporacións locais titulares de tecores coma institucións sen ánimo de lucro, igualmente titulares de tecores, ou as agrupacións destas, que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, fagan unha solicitude conxunta.

 

Actuacións que se subvencionan:

Establécense as seguintes contías do investimento subvencionable para cada unha das actuacións que se realicen:

a) Roza e trituración mecánica: 360 euros por hectárea.

b) Arada, emenda e/ou fertilización, sementeira: 600 euros por hectárea.

c) Limpeza e adecuación de fontes e mananciais: 50 euros/unidade.

d) Instalacións de cría de coello: ata un máximo de 18.000 euros por beneficiaria.

e) Construción de tobeiras: ata 6.000 euros por beneficiaria, cun límite de 1.500 euros por tobeira.

A porcentaxe da axuda poderá chegar ata o 50 % do custo dos investimentos, fixándose un máximo de 15.000 euros de axuda por solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 6 de marzo. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *