Axudas para investimentos non produtivos en parques naturais e na Rede Natura 2000

Hoxe publicouse a convocatoria relativa a accións nos seis parques naturais de Galicia, dotada con 1,398 millóns de euros. Mañá publicarase a orde bianual destinada ás mesmas actuacións de restauración, preservación e mellora nos espazos da Rede Natura 2000, para a que se destinarán preto de 2,44 millóns de euros

Publicidade
Axudas para investimentos non produtivos en parques naturais e na Rede Natura 2000

Fragas do Eume. / Arquivo.

Administración convocante: Consellería de Medio Ambiente

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220113/AnuncioG0532-211221-0006_es.html

Prazo: Ata 13/02/2022

Resumo:

A Consellería de Medio Ambiente convocou unha liña de axudas que pretenden responder aos obxectivos de conservación dos parques naturais e mellora do carácter de utilidade pública destes espazos, apostando por aumentar o papel das persoas propietarias ou arrendatarias, de asociacións, empresas e Concellos. Mañá convocará outras subvencións para a preservación e mellora da biodiversidade en espazos de alto valor natural e paisaxes protexidas pola Rede Natura 2000.

As persoas beneficiarias poden ser propietarias ou arrendatarias de terreos agrícolas e forestais privados, preferiblemente residentes en zonas rurais situadas dentro do parque natural, ou xestores de terra que realicen inversións non produtivas con obxectivos ambientais nestas zonas. Tamén poderán solicitar as axudas os Concellos que teñan toda ou parte da súa superficie dentro do parque natural, ou as asociacións ambientalistas e de custodia do territorio que sexan propietarias ou arrendatarias de terras agrícolas incluídas nestas áreas.

Entre as actividades subvencionables estarán aquelas dirixidas á mellora da paisaxe agraria ou actuacións de desenvolvemento de usos recreativos, tales como mellora de sendeiros rurais ou cercas. Inclúense accións destinadas á recuperación de elementos históricos patrimoniais ou culturais representativos da paisaxe agraria tradicional, como a rehabilitación de hórreos e calquera outro de similar natureza. Tamén entran na convocatoria actividades de preservación dos hábitats e ecosistemas naturais, como eliminación de especies exóticas invasoras ou recuperación de soutos.

As dúas ordes supoñen unha posta en valor dos espazos verdes. Así mesmo, estas axudas concíbense coma instrumentos eficaces para recuperar o desenvolvemento de actividades tradicionais e fomentar outras compatibles coa súa conservación. O orzamento de ambas ordes de axuda suma 3,84 millóns de euros; no caso da primeira convocatoria para parques naturais, concederase o 100% do coste subvencionable cun importe de ata 40.000 euros por proxecto no caso de que a persoa beneficiaria sexa un Concello, e de ata 12.000 euros por proxecto no resto de casos. O prazo de solicitude será dun mes desde a publicación da convocatoria no DOG.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *