Axudas para instalacións e equipamentos de cooperativas agrarias

O programa de apoios está dotado de 410.000 euros

Publicidade
Axudas para instalacións e equipamentos de cooperativas agrarias

Imaxe de arquivo.

Administración convocante: Consellería de Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250908/AnuncioG0426-250825-0001_gl.html

Prazo: Ata 08/10/2025

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia publicou a convocatoria das achegas para fomentar o uso de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo. O orzamento previsto para 2025 ascende a 410.000 euros e poderán optar a el as cooperativas agrarias formadas por titulares de explotacións.

Serán financiables investimentos que melloren o rendemento global, a competitividade e a viabilidade das explotacións. Entre eles, destacan as reformas ou construcións para mellorar condicións agroambientais, hixiénico-sanitarias e de benestar animal; a adquisición de construcións agrarias en desuso; a implantación de medidas de bioseguridade ou a xestión eficiente dos recursos naturais.

As achegas contan cun carácter plurianual e están cofinanciadas nun 60% co Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural, do 12 % da Administración Xeral do Estado e do 28% da Xunta de Galicia.

As axudas cubrirán o 40% dos custos elixibles, ampliable ata un máximo do 65% segundo criterios establecidos. En todo caso, a contía máxima será de 3 millóns de euros. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir de hoxe.

A iniciativa ten como obxectivo favorecer a adaptación ao cambio climático e contribuír á súa mitigación. Búscase reducir emisións de gases de efecto invernadoiro, mellorar a captura de carbono e promover un modelo enerxético sostible. Ademais, foméntase o desenvolvemento sostible e a xestión eficiente de recursos como a auga, o solo e o aire, reducindo a dependencia de produtos químicos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información