Axudas para grupos de innovación agrícolas

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0426-231215-0016_gl.pdf

Prazo: Ata 30/01/2016

Resumo:

Medio Rural convocou para o 2016 as axudas para a creación e funcionamento de grupos operativos de innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola. Estas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), teñen un orzamento de 342.253 euros.

Os grupos operativos -que deberán estar formados polo menos por dous membros- teñen como finalidade poñer en marcha proxectos pilotos para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías nos sectores agrario, forestal e da cadea alimentaria. O obxectivo último é resolver un problema ou aproveitar unha oportunidade determinada nos sectores agroalimentario e forestal.

Os beneficiarios poderán ser agricultores, gandeiros, silvicultores e organizacións representativas destes; investigadores, persoas que desenvolvan por conta propia a súa actividade no eido do medio rural; empresas do sector agrícola, gandeiro ou forestal e as súas organizacións representativas; cooperativas agrarias e as súas asociacións e outras entidades que demostren intereses no fomento da competitividade da agricultura, na sostibilidade dos recursos naturais e do clima ou no desenvolvemento das economías e comunidades rurais

Os proxectos deben fomentar a cooperación e a innovación en áreas prioritarias de actuación tales como a xestión sostible dos recursos naturais, sistemas agrarios de produción, cadea agroalimentaria, bioeconomía, aplicación das tecnoloxías de información ao sector e outras iniciativas enmarcadas dentro da produtividade, sostibilidade e innovación agrícola, forestal e agroalimentaria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *