As axudas para a gandería de carne convocaranse o luns 2 de novembro

As axudas para a gandería de carne convocaranse o luns 2 de novembro

Gandería extensiva de vacún de carne. / Arquivo.

A Consellería do Medio Rural trasladoulle hoxe ás organizacións agrarias que as axudas previstas polo coronavirus para as ganderías de carne convocaranse o luns 2 de novembro. Haberá un mes de prazo para solicitalas.

As axudas pagaranse en función do número de vacas nutrices da explotación, tendo en conta o número de cabezas existente a 14 de marzo do 2020. Os baremos a pagar, como xa se publicara, serán os seguintes:

– De 10 a 19 vacas nutrices: 900 euros.
– De 20 a 29 vacas: 1.250 euros.
– De 30 a 39 vacas: 1.750 euros.
– De 40 a 49 vacas: 2.250 euros.
– De 50 a 59 vacas: 2.750 euros.
– De 60 a 69 vacas: 3.250 euros.
– De 70 a 79 vacas: 3.750 euros.
– De 80 a 89 vacas: 4.250 euros.
– De 90 a 99 vacas: 4.750 euros.
– De 100 a 109 vacas: 5.250 euros.
– De 110 a 119 vacas: 5.750 euros.
– De 120 a 129 vacas: 6.250 euros.
– De 130 a 139 vacas: 6.750 euros.
– Máis de 140 vacas: 7.000 euros.

En caso de que os fondos previstos para as axudas (9 millóns de euros) non sexan suficientes para atender tódalas solicitudes, farase unha quita proporcional entre tódolos beneficiarios.

A tramitación da solicitude será telemática, é dicir, haberá que contar con certificado dixital ou coa chave 365.

Máis información
Convocadas as axudas para gandería de carne.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información