Axudas para fomentar a elaboración e comercialización de novos produtos vitivinícolas

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes dende este venres ata o vindeiro 31 de xaneiro. O importe total das achegas será de 2,7 millóns de euros para os exercicios 2022 e 2023

Publicidade

Uno de los puestos presentes en la apertura muestra que exhibe vinos de la D.O. Rías Baixas con pan Gallego de I.X.P.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para fomentar a elaboración e a comercialización de produtos vitivinícolas, dotadas con 2.712.000 euros para 2022 e 2023. O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria comeza este venres e rematará o 31 de xaneiro do vindeiro ano 2022.

Os principais obxectivos desta convocatoria son, entre outros, os de fomentar a agrupación dos primeiros elos da cadea alimentaria mediante a integración das entidades asociativas e o asociacionismo agrario e impulsar os procesos sustentables desde o punto de vista ambiental a través do aforro de enerxía, da eficiencia enerxética global, da utilización de enerxías renovables e da valorización e tratamento dos residuos.

Preténdese fomentar o asociacionismo agrario e impulsar os procesos sustentables desde o punto de vista ambiental

Así, poderán beneficiarse destas achegas as empresas vitivinícolas, as organizacións de produtores vitivinícolas, as asociacións de dous ou máis produtores con personalidade xurídica e as organizacións interprofesionais.

Serán subvencionables os custos de construción, adquisición ou mellora de bens inmobles, a compra de nova maquinaria e equipamentos ata o valor de mercado do produto, os custos xerais vinculados aos gastos anteriores tales como honorarios e estudos de viabilidade co límite do 8% do orzamento aprobado para a operación de investimento, así como a adquisición ou o desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador e de patentes, licenzas, dereitos de autor ou o rexistro de marcas colectivas.

Serán subvencionables os gastos necesarios para sacar ao mercado novos produtos e novas presentacións

Preténdese, así mesmo, fomentar a certificación ambiental das instalacións das empresas vitivinícolas, a produción ecolóxica e os produtos acollidos a réximes de calidade e os pagamentos de uva por calidade. Outras finalidades pasan por favorecer a innovación e a implantación de novos produtos e novas presentacións, polo incremento da dimensión empresarial, pola participación dos viticultores e elaboradores na cadea de valor ou por impulsar os investimentos en comercialización e promover a introdución das tecnoloxías dixitais nas empresas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información