Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería do Medio Rural e do Mar
Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150107/AnuncioG0165-261214-0001_gl.html
Prazo: Ata 31/01/2015
Resumo:
Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se convocan para o 2015 as axudas aos investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitícolas.
A dotación total destas subvencións –financiadas co Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA)– será de 8.027.730 euros para o período 2015-2018. Para o presenta ano o importe das subvencións é de 2,76 millóns de euros.
Poderán acollerse a estas subvencións as microempresas e pequenas e medianas empresas que produzan, comercialicen ou realicen ambos procesos respecto aos produtos vitivinícolas.
O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria, así como de toda a documentación solicitada, rematará o vindeiro 31 de xaneiro de 2015. No entanto, no caso de que o investimento inclúa a construción de novas superficies cubertas ou ampliación das existentes, o solicitante terá un prazo adicional de dous meses para presentar a preceptiva licenza de obras.
Máis información nesta ligazón:http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150107/AnuncioG0165-261214-0001_gl.html