Administración convocante: Instituto de Estudos do Territorio
Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250109/AnuncioG0192-271124-0001_gl.html
Prazo: Ata 20/02/2025
Resumo:
O Instituto de Estudos do Territorio vén de convocar apoios para a corrección de impactos paisaxísticos en Galicia. Entre as liñas subvencionables, figuran a restauración e revestimento de fachadas, renovación de cubertas de uralita por outras solucións e a recuperación ou revestimento de muros de peches de terreos.
As actuacións oriéntanse a eliminar materiais á vista que se consideran negativos para a paisaxe, como muros con ladrillo, cemento ou bloques á vista, así como cubertas de fibrocemento. En ningún caso se financia a substitución de cubertas de tella ou lousa nin a simple substitución de carpinterías exteriores xa existentes.
A convocatoria é por concorrencia non competitiva, isto é, as solicitudes atenderanse por orde de presentación, polo que é clave presentar toda a documentación da solicitude coa máxima axilidade. O prazo de inicio de presentación é o 20 de xaneiro e o prazo remátase o 20 de febreiro. A convocatoria está dotada dun millón de euros.
Naquelas axudas aprobadas, durante a fase de xustificación, os beneficiarios terán que acreditar que fixeron a correspondente comunicación municipal ou petición de licenza municipal, segundo corresponda, para a execución dos traballos.