Axudas para comunidades de regantes e asociacións veciñais e de mulleres rurais

Publicidade

Administración convocante: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170120/AnuncioG0244-130117-0002_es.html

Prazo: Ata 20/02/2017

Resumo:

A Xunta de Galicia convocou axudas dirixidas a comunidades de usuarios de augas, asociacións veciñais e colectivos de mulleres rurais. As subvencións oriéntanse a financiar investimentos, tanto de obra como de equipacións, en camiños veciñais, traídas de augas e inmobles da súa titularidade ou sobre os que teñen dereito de uso.

A cantidade total prevista para as axudas é de un millón de euros. As solicitudes resolveranse por orde de entrada, ó tratarse de subvencións en concorrencia non competitiva. Cada proxecto poderá recibir un máximo de 12.000 euros no caso de investimentos en instalacións e de 5.000 euros se se trata de equipamentos.

Esta convocatoria publicouse o pasado venres 20 de xaneiro e o prazo de solicitude remata o 20 de febreiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información