Axudas para biomasa e enerxía fotovoltaica para particulares

Publicidade
Axudas para biomasa e enerxía fotovoltaica para particulares

Pellet para caldeiras de biomasa.

Administración convocante: Axencia Instituto Enerxético de Galicia

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/u01/app/oracle/shared/resources/pxdog100/doga/Publicados/2020/20200123/Secciones1_gl.html&paginaCompleta=false&fecha=23/01/2020&compMenu=10102

Prazo: Ata 03/07/2020

Resumo:

Logo da publicación das axudas para granxas e sector agrícola, o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) vén de publicar tamén as convocatorias de axudas de enerxías renovables dirixidas a particulares. Unha delas, dotada de 2,5 millóns de euros, oriéntase á instalación de equipos térmicos (biomasa, xeotermia, aerotermia e solar); en tanto a outra, con 2 millóns de euros, vai destinada á produción eléctrica con paneis fotovoltaicos.

En canto á orde para equipamentos de produción de calor, as coantías divídense do seguinte xeito: caldeiras de biomasa (1.150.000 euros), xeotermia (700.000 euros), aerotermia (600.000 euros) e solar térmica (50.000). A axuda cubrirá o 50% dos custos elixibles, salvo no caso da aerotermia, onde se cubre o 35%.

O prazo de solicitude ábrese o 2 de marzo para a biomasa, o 4 de marzo para xeotermia e solar térmica e o 6 de marzo para aerotermia. As solicitudes resolveranse por orde de entrada, polo que será recomendable presentalas o antes posible.

Enerxía fotovoltaica
A outra orde de axudas para particulares convocada polo Inega diríxese á instalación de paneis fotovoltaicos para a produción de enerxía eléctrica. Poderán optar a esta subvención persoas propietarias dun inmoble residencial, comunidades de veciños ou agrupacións de persoas físicas privadas. A liña de axudas cobre un 50% dos custos da instalación.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 3 de marzo e rematará o 1 de xullo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *