Administración convocante: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia.
Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180108/AnuncioG0244-131217-0001_gl.html
Prazo: Ata 08/02/2018
Resumo:
A Vicepresidencia da Xunta destina un total de 180.000 euros a axudas para asociacións de mulleres e para as federacións que as aglutinan. Os apoios divídense en dúas liñas, unha orientada a financiar gastos correntes que orixine o funcionamento da asociación e outra liña para promover actividades en materia de igualdade, sensibilización e concienciación social.
Entre as actividades que se poden financiar por medio das subvencións, figuran accións formativas e informativas para promover o empoderamento e participación activa das mulleres no ámbito público, social e cultural; medidas dirixidas a promover a corresponsabilidade entre homes e mulleres (exposicións, estudos, obras de teatro, etc.); así como cursos formativos de carácter cultural, artístico, de lecer ou para a adquisición de novas competencias (alfabetización dixital, por exemplo).
A coantía máxima de subvención por asociación será de 3.000 euros. O prazo de solicitude remata o 8 de febreiro.