Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería do Medio Rural e do Mar
Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150112/AnuncioG0165-261214-0008_gl.html
Prazo: Ata 12/02/2015
Resumo:
O orzamento da Xunta para estas axudas é de 400.000 euros, cofinanciados nun 50% polo FEAGA da Unión Europea, nun 25% polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e nun 25% pola Consellería do Medio Rural e do Mar.
Poderán ser beneficiarios delas os titulares de explotacións apícolas ou cooperativas dedicadas a esta actividade, organizacións representativas e asociacións de apicultores inscritos no rexistro oficial apícola da Comunidade Autónoma con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2014.
Os solicitantes deberán dispoñer dun seguro de responsabilidade civil, ser titulares dunha explotación con máis de 50 colmeas, ter realizada a declaración censal anual referida ao ano 2014 e realizar polo menos un tratamento ao ano fronte a enfermidade da varroase. Entre os gastos subvencionables figuran actuacións como a asistencia técnica aos apicultores, a loita contra a varroase ou a racionalización da trashumancia.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) .
O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria, así como de toda a documentación solicitada, rematará o vindeiro 12 de febreiro.
Máis información nesta ligazón:http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150112/AnuncioG0165-261214-0008_gl.html