Axudas para Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeiras

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151229/AnuncioG0426-211215-0001_gl.html

Prazo: Ata 28/01/2016

Resumo:

A Consellería do Medio Rural convoca axudas para as entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia para os anos 2016-2017. O orzamento total dispoñible é de máis de 2,1 millóns de euros, sendo o previsto para 2016 un total de 922.850 euros e o resto para o exercicio 2017.

Poderán ser beneficiarios destas achegas as entidades asociativas agrarias que estean inscritas no rexistro oficial de ADSG, quedando excluídas as formadas exclusivamente por cebadeiros de gando vacún. Así mesmo, deberán estar integradas por explotacións de produtores gandeiros en activo e que ditas explotacións teñan a condición de pequenas ou medianas empresas, ademais de estar ao día das obrigas tributarias e da Seguridade Social.

Os gastos a subvencionar serán todos aqueles derivados da contratación de servizos técnicos veterinarios ou da remuneración do persoal veterinario responsable das agrupacións para a realización dos distintos programas zoosanitarios.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, contado a partir de mañá 29 de decembro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información