A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Axudas Next Generation para instalación de enerxías renovables en explotacións agrogandeiras

O Inega vén de publicar a convocatoria de importantes liñas de subvención destinadas á produción de enerxía mediante paneis fotovoltaicos e aeroxeradores, así como á súa almacenaxe en baterías, uns incentivos aos que se poden acoller todo tipo de empresas, entre outras as ganderías e as industrias agroalimentarias

Vista das instalacións de Novoa SC, que instalou placas solares no teito da nave de produción para reducir a factur eléctrica

A instalación de placas solares contribúe a diminuir notablemente a factura eléctrica das granxas

Coñecemos máis detalles das novas liñas de axudas para instalación de enerxías renovables en explotacións gandeiras e industrias agroalimentarias da man de Tecgal Enerxía, unha empresa galega especializada en deseño e colocación de placas solares e aeroxeradores, eficiencia enerxética e sistemas de produción térmica.

O Instituto Enerxético de Galicia publicou o pasado 6 de outubro no DOG a convocatoria das subvencións Next Generation da Unión Europea destinadas a sistemas de autoconsumo e almacenamento eléctrico en empresas, ás que se poden acoller as explotacións agrogandeiras.

Coa importante suba que está a experimentar o recibo da luz, o pago da factura eléctrica é, a día de hoxe, un dos principais custos de produción de calquera granxa

As axudas desta convocatoria teñen como obxectivo o desenvolvemento de enerxías renovables, concretamente o autoconsumo e o almacenamento eléctrico no sector servizos e noutros sectores produtivos e supoñen unha gran oportunidade para avanzar no ámbito das enerxías renovables debido á súa importante contía.

Estes incentivos ás enerxías renovables enmárcanse dentro do Plan de recuperación europeo post- covid

Estes incentivos enmárcanse dentro do Plan de recuperación europeo post-covid e a convocatoria ten o seu encaixe nos programas estatais aprobados polo Real Decreto 477/2021, do 29 de xuño, no marco dos obxectivos perseguidos polo Plan nacional integrado de enerxía e clima (PNIEC) 2021-2030, aínda que a entidade responsable da execución destes programas de axuda na comunidade autónoma de Galicia, será o Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Contacto de Tecgal Enerxías

  • Correo electrónico: tecgal@tecgal.es
  • Teléfonos: 982 206 438 – 661 238 331

Tres anualidades, de 2021 a 2023

Para financiar esta convocatoria de axudas, o Inega dispón nos seus orzamentos de máis de 19 millóns de euros procedentes dos programas de incentivos de autoconsumo e almacenamento, promovidos polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, actuacións financiables co mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) núm. 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021.

A resolución das solicitudes farase por orde de entrada por rexistro e ata esgotar o crédito dispoñible

A resolución publicada no DOG o pasado día 6 de outubro aproba a convocatoria para os anos 2021-2023 do procedemento de concesión de axudas ao desenvolvemento destas enerxías renovables, é dicir, a realización de instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, no sector servizos ou outros sectores produtivos, con ou sen almacenamento, e tamén a incorporación de almacenamento en instalacións de autoconsumo xa existentes. Tamén se consideran actuacións subvencionables, dentro destes programas de incentivos, as instalacións illadas da rede.

A concesión destas axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, de modo que as solicitudes presentadas en prazo e que cumpran cos requisitos establecidos nas bases reguladoras resolveranse por orde de entrada por rexistro e ata o esgotamento do crédito.

O prazo de presentación permanece aberto desde o pasado 21 de outubro

As subvencións previstas nesta convocatoria con cargo aos orzamentos do Inega e coa repartición plurianual recollida na seguinte táboa financiaranse con fondos europeos procedentes do mecanismo de recuperación e resiliencia. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 19.807.118 euros, cunha distribución para fotovoltaica, eólica e almacenamento.

  • Importe 2021: 1.442.476 €
  • Importe 2022: 10.189.782 €
  • Importe 2023: 7.357.374 €
  • Importe 2024: 817.486 €

Un prazo de 18 meses para executar a instalación

Placas solares y aerogenerador de la explotación.

Os incentivos inclúen a colocación de placas solares e aeroxeradores así como a instalación de baterías

Entre a documentación a presentar para a solicitude de axuda, achegarase unha memoria técnica descritiva da actuación a acometer, que empresas especializadas como Tecgal Enerxías, con máis de 15 anos de experiencia no sector, encárganse de realizar, para facilitar deste xeito os trámites ás empresas interesadas en acollerse a estas axudas, así como a posterior instalación dos equipos.

Subvenciónase tamén a retirada e substitución de cubertas de fibrocemento que conteñan amianto

O prazo máximo de execución e xustificación das actuacións será de 18 meses contados desde a data de notificación da resolución de concesión da subvención. As axudas cobren tanto o custo do sistema de enerxía renovable e a súa instalación, como as obras necesarias para a súa colocación, tanto materiais como obra civil. Ademais, subvenciónase tamén a retirada e substitución de cubertas de fibrocemento que conteñan amianto así como o aproveitamento do espazo para aparcamento ou outros usos.

Destinadas a todo tipo de empresas

Poderán optar a esta liña de axudas todo tipo de empresas, aínda que a porcentaxe de subvención oscilará entre o 15% e o 50% dependendo dun baremo segundo o tipo de beneficiario e instalación de que se trate (eólica ou fotovoltaica), chegando ao 65% no caso de colocación de sistemas de almacenamento mediante baterías.

As subvencións concedidas ao amparo desta convocatoria serán incompatibles con outras axudas destinadas á mesma finalidade

As subvencións concedidas ao amparo desta convocatoria serán incompatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade e se a explotación ou empresa beneficiaria se atopa nun dos municipios declarados prioritarios en materia de reto demográfico (concellos de menos de 5.000 habitantes ou de ata 20.000 habitantes cuxos núcleos urbanos teñan unha poboación igual ou menor a 5.000 habitantes), o importe total da axuda verase incrementado nun 5% adicional.

Desde Tecgal fan un chamamento a todos os posibles beneficiarios destas axudas para que non deixen pasar esta importante oportunidade. Para aproveitala, simplemente hai que poñerse en contacto con Tecgal, onde ofrecen información e asesoramento para elixir a tecnoloxía e o tipo de enerxía renovable que mellor se adapte ás necesidades concretas de cada empresa, encargándose de todo, desde a presentación da documentación á realización da instalación. Máis doado e cómodo imposible!

 

Enerxía térmica e fotovoltaica en vivendas

Tecgal caldeira biomasa vivenda

Caldeira de pellets nunha vivenda

De forma paralela á liña de axudas para empresas, o Inega acaba de sacar tamén as convocatorias destinadas a particulares e bloques de vivendas colectivas. Estes incentivos recóllense no Diario Oficial de Galicia (DOG) nº 215, do 9 de novembro, en dúas convocatorias distintas, destinadas por unha banda a sistemas de autoconsumo e almacenamento e por outro a enerxía térmica residencial.

Poderán optar a estas axudas persoas físicas, entidades locais e outras administracións públicas, entidades sen ánimo de lucro e comunidades de propietarios en bloques de vivendas ou urbanizacións.

Os programas de incentivos 4 e 5 están dirixidos principalmente aos destinatarios últimos que non realicen actividade económica, aínda que se inclúen entre os potenciais beneficiarios ás persoas físicas (autónomos) que realicen algún tipo de actividade pola que ofrecen bens ou servizos no mercado, nese caso haberán de estar dados de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retenedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Beneficiarios: particulares, administracións públicas, ONGs e comunidades de veciños

Programa de incentivos 4: realización de instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable no sector residencial, Administración pública e no terceiro sector, con ou sen almacenamento.

Programa de incentivos 5: incorporación de almacenamento en instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, xa existentes no sector residencial, administración pública e no terceiro sector.

Programa de incentivos 6: vinculados á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial.

Presentación por parte de entidades colaboradoras

As solicitudes para optar ás axudas presentaranse directamente polo solicitante, salvo cando este sexa unha persoa física que non realice actividade económica ou unha comunidade de propietarios, que o farán a través dunha entidade colaboradora como Tecgal.

Cando se trate dunha comunidade de veciños, achegarase o acordo adoptado pola maioría legalmente establecida da correspondente comunidade de propietarios, aceptando as bases da convocatoria, comprometéndose á execución das respectivas obras e facultando ao presidente ou administrador de fincas para formular a solicitude de subvención.

No caso de instalacións térmicas no sector residencial establécense distintas contías de axuda en función da tecnoloxía utilizada: aerotermia ata 3.000 €, xeotermia ata 13.500 €, biomasa ata 2.500 € e solar térmica ata 1.800 €

Achegarase unha memoria técnica descritiva da actuación a acometer segundo o modelo dispoñible na páxina web do Inega e unha oferta dun provedor cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona sexa inferior a 15.000 € e, tres ofertas de distintos provedores cando o investimento sen IVE da actuación supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior 15.000 €.

Unha vez avaliada a solicitude, o procedemento de concesión resolverase no prazo máximo de 6 meses desde a data de presentación e o prazo máximo de execución e xustificación das actuacións será de 18 meses contados desde a data de notificación da resolución de concesión. Do mesmo xeito, as subvencións concedidas ao amparo destas convocatorias serán incompatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración.

Porcentaxe de subvención do 40%

No caso das axudas para autoconsumo e almacenamento eléctrico, o prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 13 de decembro de 2021 e finalizará o 31 de decembro de 2023. A repartición plurianual está recollida na seguinte táboa e financiarase con 11,5 millóns de euros procedentes de fondos europeos do mecanismo de recuperación e resiliencia:

  • Importe 2021: 910.305 €
  • Importe 2022: 5.930.463 €
  • Importe 2023: 4.193.018 €
  • Importe 2024: 465.890 €

A porcentaxe de subvención para particulares será do 40% e no caso de comunidades de propietarios, será necesario o acordo de inclusión no rexistro administrativo de autoconsumo para proxectos de autoconsumo fotovoltaico colectivo feitos en edificios plurifamiliares.

No caso do programa de incentivos para instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, o importe total ascende a 5,6 millóns de euros, distribuídos nas seguintes anualidades:

  • Importe 2021: 413.775 €
  • Importe 2022: 2.922.938 €
  • Importe 2023: 2.110.462 €
  • Importe 2024: 234.495 €

A convocatoria inclúe unha distribución de fondos segundo a tecnoloxía empregada: biomasa, xeotermia e hidrotermia, aerotermia e solar térmica e o prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará, segundo a tipoloxía do proxecto, nas seguintes datas:

− Xeotermia e hidrotermia: o 15 de decembro de 2021, ás 9.00 horas.
− Aerotermia: o 16 de decembro de 2021, ás 9.00 horas.
− Biomasa e solar térmica: o 17 de decembro de 2021, ás 9.00 horas.

No caso destas instalacións térmicas no sector residencial establécense distintas contías de axuda en función da tecnoloxía utilizada: Aerotermia ata 3.000 €, Xeotermia ata 13.500 €, Biomasa ata 2.500 € e Solar térmica ata 1.800 €.

Tecgal é especialista nas distintas tecnoloxías dispoñibles. Máis de 15 anos avalan o seu traballo tanto no ámbito da xeración eléctrica como da enerxía térmica, sendo pioneiros en sistemas como a xeotermia en Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *