As axudas do Goberno abaratarán un 10% a póliza de seguros agrícolas e gandeiros

O Consello de Ministros extraordinario celebrado o pasado sábado aprobou un novo paquete de medidas de apoio para o sector agrícola, gandeiro, pesqueiro e acuícola valorado en 72 millóns de euros e enmarcado no Real Decreto-Lei polo que se adoptan e prorróganse determinadas medidas para responder as consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína, para facer fronte a situacións de vulnerabilidade social e económica, e para a recuperación económica e social da illa da Palma.

No caso do sector agrario e pesqueiro, estas medidas concrétanse en senllas ampliacións de 60 millóns de euros na liña de axuda á contratación de seguros agrarios, o que na práctica traducirase nun abaratamento do 10% nas pólizas para gandeiros e agricultores.

En concreto, a auyuda permitirá aumentar en 10 puntos porcentuais a subvención basee, é dicir, a que reciben todos os asegurados, segundo a modalidade elixida no momento da contratación.

Aplicarase naquelas liñas que inicien a contratación entre o 1 de setembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023, e abarcan o período dun ano completo.

Os Orzamentos Xerais do Estado para este ano contemplan unha partida de 257,7 millóns de euros para subvencionar a contratación de seguros agrarios, co que a ampliación aprobada hoxe supón un incremento do 23,2 % até alcanzar os 317,7 millóns de euros.

A Entidade Estatal de Seguros Agrarios (ENESA) vai propor de maneira inmediata a modificación do actual Plan de Seguros Agrarios Combinados, para poder aplicar este aumento da subvención a partir do 1 de setembro en liñas de seguros como os froitos secos, os cultivos herbáceos extensivos, o caqui, a uva de vinificación e a froita, entre outras.

Esta nova medida permitirá incrementar a porcentaxe media de subvención do ministerio sobre o custo total da prima. Esta porcentaxe era do 30 % en 2018, incrementouse até o 32 % en 2021 e, aínda tendo en conta as previsibles subidas que haberán de aplicarse nalgunhas liñas do seguro, roldará o 40 % ao aplicar o incremento da liña aprobado este sábado.   

Desde o Ministerio de Agricultura destacan que con esta subida de 10 puntos na subvención base, xunto co aumento de determinadas axudas adicionais e outras melloras introducidas en 2021, “algúns colectivos, como o dos agricultores novos, terán unha subvención próxima ao 65 % sobre o custo da prima, máximo permitido pola normativa comunitaria sobre axudas estatais”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información