Axudas económicas para promocionar o viño galego fóra da Unión Europea

A Xunta de Galicia convoca 2,1 millóns de euros en axudas para a promoción internacional do viño galego. 1,1 M€ serán asignados este vindeiro ano e a cantidade restante quedará para o 2023. A solicitude realizarase de maneira telemática e o prazo finalizará o vindeiro 14 de xaneiro de 2022.

Publicidade
Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211216/AnuncioG0426-011221-0004_gl.html

Prazo: Ata 14/01/2022

Resumo:

A Xunta convoca axudas para a promoción do viño en mercados de terceiros países. As accións e actividades de promoción que se inclúen na convocatoria son aquelas nas que se dean a coñecer as características dos viños con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, así como os viños varietais. Exemplos dalgunhas accións ao abeiro da convocatoria poden ser campañas publicitarias, misións comerciais, promocións en puntos de venda, catas, feiras, presentacións de produto, e en xeral todas aquelas iniciativas enfocadas a promoción e comercialización do viño.

Os/as beneficiarios/-as serán empresas vinícolas, organizacións de produtores e as súas asociacións, entidades asociativas sen ánimo de lucro que teñan entre os seus fins os obxectivos desta partida, órganos de xestión e de representación das D.O e I.X.P ou cooperativas que comercializan viños elaborados por elas ou polos seus asociados.

O prazo para presentar as solicitudes de axuda remata o 14de xaneiro de 2022. A entrega de solicitudes deberá facerse de xeito telemático a través de formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta. As achegas para estas subvencións están financiadas ao 100% polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información