Axudas da Xunta para instalar caldeiras de biomasa nas casas do rural

Publicidade
Axudas da Xunta para instalar caldeiras de biomasa nas casas do rural

Caldeira doméstica de biomasa

Administración convocante: Consellería de Economía, Emprego e Industria

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170302/AnuncioO3G1-090217-0001_gl.html

Prazo: Ata 23/04/2017

Resumo:

O Instituto Enerxético de Galicia publicou o pasado xoves a convocatoria de axudas para a instalación de caldeiras de biomasa en vivendas do rural galego.

A convocatoria de axudas, dotada con máis de 2,2 millóns de euros, está destinada aos fogares galegos dentro do Plan de vivenda da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Ao abeiro deste programa, os particulares poden beneficiarse de axudas de ata 50.000 euros por proxecto, subvencionado ata un máximo do 50% do investimento.

Cofinanciados con fondos Feader, os apoios céntranse no rural, excluíndo as zonas densamente poboadas que maioritariamente se sitúan nas sete grandes cidades.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto desde o 24 de marzo ata o 23 de abril, e previamente ábrese un prazo para que se adhiran as entidades colaboradoras.

O obxectivo da Xunta é impulsar este ano a instalación de 1700 caldeiras de biomasa

A Xunta impulsará en 2017 a instalación de 1.400 caldeiras de biomasa coas que prevé que se aforrarán preto de 3 millóns de euros ao ano fronte á utilización doutros tipos de combustibles e que evitarán a emisión á atmosfera de 20.600 toneladas de CO2.

Para iso, a Consellería de Economía, Emprego e Industria destinará este ano un total de 11,7 millóns de euros ao fomento do uso da biomasa forestal con fins térmicos.

Para iso activaranse neste 2017 tres convocatorias centradas na adquisición de caldeiras e que apoiarán, ademais, a adquisición de estufas de aire, cociñas calefactoras, xeradores de aire quente e o cambio de queimadores en equipos xa existentes. Ademais, convocarase un cuarto programa de axudas específico para a posta en marcha de redes de distribución de calor (district heating).

Estas axudas, que poden chegar ata o 75% do investimento, enmárcanse na Estratexia integral de impulso á biomasa con fins térmicos, coa que a Xunta busca fomentar a eficiencia enerxética e diminuír o consumo de enerxías convencionais para reducir a dependencia enerxética do exterior, ao tempo que se impulsa a industria asociada e se mellora a xestión e o rendemento dos montes galegos.

A primeira das convocatorias deste ano é a publicada o pasado xoves no Diario Oficial de Galicia.

Tamén neste mesmo mes de marzo está prevista a publicación dunha convocatoria dotada con fondos Feder destinada a empresas, favorecendo a súa competitividade; entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas, cun orzamento de máis de 4,6 millóns de euros e apoios de ata 200.000 euros por proxecto e un millón por beneficiario.

A estas dúas convocatorias sumarase proximamente a destinada a impulsar proxectos singulares de redes de distribución de calor con biomasa (district heating), que o ano pasado se puxo en marcha por primeira vez. O programa, dotado con fondos Feder, contará cun orzamento de 4,5 millóns de euros, e con axudas de ata un millón de euros por proxecto ou beneficiario.

Publicarase unha convocatoria de axudas para impulsar as enerxías renovables no sector agroalimentario

Como novidade, a Consellería de Economía, Emprego e Industria publicará unha nova convocatoria específica para impulsar as enerxías renovables no sector agroalimentario, dentro da cal se prevé destinar 275.000 euros ao fomento da biomasa con fins térmicos.

Estas ordes póñense en marcha no marco da Estratexia Integral de Impulso á Biomasa, que promove o uso deste combustible con fins térmicos para impulsar o desenvolvemento das áreas rurais e do sector primario, favorecer a economía familiar e das pemes, xerar emprego cualificado e mellorar a calidade de vida da cidadanía.

Coa activación das axudas a Xunta prevé que ao remate de 2017 levarase apoiado a instalación de 4.000 caldeiras de biomasa en fogares, administracións e empresas galegas desde a posta en marcha da Estratexia en 2014, o que permitirá, segundo o goberno galego, aforrar 20 millóns de litros de gasóleo ao ano, e deixar de emitir 60.000 toneladas de CO2 cada exercicio.

2 ideas sobre “Axudas da Xunta para instalar caldeiras de biomasa nas casas do rural

  1. Alfredo

    Nosotros tenemos una que se supone que debería llegarnos y no es suficiente, hay que tener bien aislada la casa, sino no interesa… Cuando la pusimos también había subvención, pero al final como la xunta no tenían fondos nos quedamos sin poder cobrar… lo de los los pellets, otro problema, caros y la mayoría poco eficientes aunque se califiquen como categoría a1, los más eficientes que encontramos hasta ahora son asturianos…

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información