Axudas da Xunta para fomentar a contratación de seguros agrarios e gandeiros

Publicidade

Administración convocante: Consellería de Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191209/AnuncioG0426-281119-0001_gl.html

Prazo: Ata 15/11/2020

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia publica este luns unha nova convocatoria de axudas para fomentar a contratación de seguros agrarios e gandeiros durante o ano 2020, unha liña dotada con 5 millóns de euros, a mesma cantidade que neste ano .

A Xunta concederá estas axudas de forma directa aos agricultores e gandeiros e poderán ser beneficiarios os asegurados que sexan titulares de explotacións agrarias galegas, sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2020 e liñas gandeiras dos plans 2019 e 2020, formalizadas en 2020. Tamén poderán recibir estas achegas os titulares de explotacións de acuicultura continental. Contémplanse, así mesmo, os seguros de retirada e destrución de animais mortos nas explotacións.

En canto ao prazo de presentación de solicitudes, nos diferentes anexos da orde establécense as datas de inicio de subscrición de pólizas de seguros correspondentes ás diferentes liñas que compoñen o Plan de seguros agrarios. As datas abarcan desde o 1 de xaneiro ata o 15 de novembro, segundo a liña de seguro da que se trate, así como do tipo de produción asegurable.

Enlace á orde de axudas de seguros agrarios no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191209/AnuncioG0426-281119-0001_gl.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *