Axudas da Xunta para a contratación de seguros agrarios

Publicidade

Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería do Medio Rural e do Mar

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150406/AnuncioG0165-250315-0008_gl.html

Prazo: Ata 31/12/2015

Resumo:

Orde do 18 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2015.

Mediante esta orde a Xunta de Galicia achega subvencións para financiar as pólizas de seguro do Plan de seguros agrarios combinados 2015, elaborado pola Entidade Estatal de Seguros Agrarios (ENESA), co fin de fomentar a contratación de seguros agrarios.

Quen pode solicitalas?

A Consellería do Medio Rural e do Mar concederá estas axudas en réxime de concorrencia e poderán ser beneficiarios delas os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2015 e liñas gandeiras dos plans 2014 e 2015, formalizadas no 2015, e cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde.

As subvencións a que fai referencia esta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por grandes empresas e empresas dedicadas á transformación e comercialización de produtos agrícolas, de conformidade co establecido nas vixentes directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal.

Contía das axudas:

A subvención conxunta de Enesa e da Consellería do Medio Rural e do Mar non poderá sobrepasar os límites xenéricos seguintes:

-Para as liñas de seguros agrícolas establécese un límite do 65 % do recibo de prima, sen ter en conta as recargas por contratación.
– Para as liñas de seguros de explotacións gandeiras e acuícolas establécese un límite do 65 % do custo neto, sen ter en conta as recargas por contratación.
– No caso dos seguros de retirada e destrución de animais mortos nas explotacións, a subvención da Consellería do Medio Rural e do Mar non poderá sobrepasar o límite xenérico do 80 % do recibo de prima, sen ter en conta as recargas por contratación.

Máis información nesta enlace.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *