Axudas da PAC: Galicia amplía ata o 15 de maio o prazo para presentar as solicitudes

paisaxe rural granxa melideA Xunta de Galicia ampliará o período de prazo de presentación da solicitude única da PAC ata o 15 de maio, data máxima á que poden ampliar as autoridades rexionais este período. A Orde con estas modificacións será publicada mañá luns no Diario Oficial de Galicia.

Así o avanzou este venres o director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Juan José Cerviño, durante a súa comparecencia na Comisión de Agricultura do Parlamento de Galicia.

Flexibilizacións da PAC

Cerviño presentou o novo paquete de flexibilizacións da Política Agraria Común (PAC) destinado a minimizar os efectos dos temporais deste pasado outono, que ten como obxectivo aliviar as cargas de obrigas ás que os beneficiarios deben facer fronte para cobrar estas axudas. Debido a causas de forza maior, as autoridades competentes poden establecer flexibilizacións adicionais para paliar os efectos de fenómenos catastróficos, e así, estas novas veñen a sumarse ás que xa había no ámbito da PAC.

Dentro destas modificacións destacan, entre outras, a redución da esixencia da carga gandeira no ecorrexime de pastoreo extensivo ou as flexibilidades na condicionalidade reforzada. Suavizouse tamén a BCAM 7, coa posibilidade de declarar como barbeito aquelas parcelas nas que por causa dos temporais non resultara viable o cultivo sementado ou que non se puidese ter realizado a sementeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información