Axudas da Deputación da Coruña para investimentos e contratación

O Plan de Emprego Local subvenciona a contratación de persoas desempregadas por parte de pequenas empresas ou microempresas durante un ano. Finánciase tamén a compra de bens inventariables

Publicidade

Administración convocante: Deputación da Coruña

Enlace axuda: https://emprego.dacoruna.gal/bolsa-emprego/lina-2/

Prazo: Ata 06/04/2018

Resumo:

O Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña, que ten aberta a súa convocatoria ata o 6 de abril, ofrece incentivos para a contratación de persoas desempregadas, para o mantemento de persoas contratadas e para investimentos en pequenas empresas e microempresas. O programa está dotado cun total de 4,3 millóns de euros.

A liña PEL – Pemes subvenciona durante 12 meses os custos salariais dunha nova contratación por parte de pequenas empresas ou microempresas. O programa abona un máximo do 75% dos custos salariais da persoa contratada, tendo que estar a empresa domiciliada nun concello da provincia da Coruña con menos de 20.000 habitantes. Tamén financia cun máximo do 50% os custos salariais de traballadores no segundo ano de contrato.

Outra das liñas do Plan de Emprego Local é a PEL – Emprende, que apoia a autónomos e a pequenas empresas na compra de bens inventariables. As solicitudes poden orientarse a aplicacións informáticas, equipos informáticos, mobiliario, máquinas e ferramentas. O investimento mínimo debe ser de 2.500 euros, cun máximo de 25.000. O importe máximo da subvención é do 80%.

Un dos requisitos dos solicitantes da liña PEL – Emprende a é que as empresas non superen os 5 anos de vida. No caso dos autónomos, o periodo de alta debe ser inferior a 5 anos.

No marco do Plan de Emprego Local, a Deputación da Coruña contribúe tamén á contratación de persoas por parte dos Concellos.

Proxecto co castiñeiro en Ortegal

Outra das liñas de traballo incluídas no PEL é o proxecto ‘A Madeira’, dirixido a promover a cadea de valor do castiñeiro no concello de Cerdido e na comarca de Ortegal. O proxecto, dotado de 129.000 euros, financia cursos de formación para persoas desempregadas que queiran emprender proxectos ligados ó castiñeiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *