As axudas asociadas por vacas de carne quedan en 85 euros por animal

As axudas asociadas por vacas de carne quedan en 85 euros por animal

O Ministerio de Agricultura acaba de publicar o importe definitivo das axudas asociadas da PAC ás explotacións de vacún de carne, correspondentes á campaña de 2022, e que se situará en 85,13 euros por animal, que ascenden a 140,54 euros para as granxas situadas nas illas.

A dotación orzamentaria para a campaña 2022 ascende a 182.741.169,72 e para a rexión España peninsular e 442.000 € para a rexión Insular.

As Comunidades Autónomas xa finalizaron os controis destas axudas e puideron facilitar ao FEGA o número de animais determinados en base ao cal se establece este importe unitario. Na presente campaña 2022, 2.146.654 animais cumpriron os requisitos establecidos no citado Real Decreto respecto da rexión España peninsular, e 3.145 animais en relación á rexión Insular, fixándose por iso os importes unitarios de 85,13 €/animal para a rexión España peninsular e 140,54 €/animal para a rexión insular. Estes importes unitarios definitivos aplícanse, tanto aos pagos pendentes como aos pagos complementarios aos xa realizados cos importes unitarios provisionais

AXUDA ASOCIADA VACAS carne 2022

A partir deste momento, as comunidades autónomas poderán realizar o cálculo dos importes que corresponden a cada gandeiro e ordenar o pago destas axudas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información