Axudas asociadas á gandería: Importes unitarios provisionais para a campaña 2025

VIRGEN DEL CAMINO SC (Curtis) vacas en producionO Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) acaba de publicar o importe unitario provisional revisado para a campaña 2025 correspondente ás Axudas da PAC Asociadas á Gandería.

O obxectivo destas axudas é garantir a viabilidade económica das explotacións a través da súa sustentabilidade e competitividade, reducindo así o risco de abandono dunha actividade produtiva que tamén xoga un importante papel desde o punto de vista ambiental.

O pago destas axudas realízase en dous períodos; un anticipo do 16 de outubro ao 30 de novembro do ano de solicitude da axuda, e posteriormente efectuaríase o pago do saldo, entre o 1 de decembro ao 30 de xuño do ano natural seguinte ao de solicitude.

Para a campaña 2025, o primeiro pago do saldo para partir do 1 de decembro poderá alcanzar ata o 90% do importe total da axuda. O FEGA establece os importes unitarios provisionais revisados cos que se realiza o primeiro pago do saldo, en base ao número de animais con dereito a pago en cada unha das intervencións, dato obtido da información facilitada polas comunidades autónomas.

Por tanto, os importes unitarios provisionais revisados para o pago do primeiro saldo quedan fixados en:

Captura de pantalla 2025-11-09 183340

Posteriormente, a partir da nova información que remitan as comunidades autónomas correspondente ao número total de animais determinados para o cobro das axudas en abril do próximo ano, establecerase o importe unitario definitivo, co cal se poderá realizar o segundo pago do saldo das axudas ao 100%.

Más información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información