Axudas ás PEMES para a exportación

Publicidade

Administración convocante: Ministerio de Economia y Competitividad

Enlace axuda: https://www.boe.es/boe/dias/2015/04/08/pdfs/BOE-A-2015-3776.pdf

Prazo: Ata 31/12/2015

Resumo:

Convocatoria 2015 para a concesión de axudas a través do programa ICEX-NEXT de apoio á internacionalización da PEME española non exportadora ou exportadora non consolidada.

O obxectivo desas axudas é acelerar e consolidar o crecemento internacional de PEME españolas non exportadoras ou exportadoras non consolidadas que conten cun proxecto competitivo.

Empresas beneficiarias:

Empresas PEMES españolas con potencial exportador que desexen iniciar ou consolidar a súa estratexia internacional, que reúnan os seguintes requisitos:

1. Empresa con produto ou servizo ou marca propia.
2. Empresas con potencial exportador e cuxa exportación non supere o 35% da súa facturación.
3. Empresas que conten con persoal cualificado e comprometido coa implantación do proxecto de internacionalización da empresa.
4. Empresas con capacidade financeira para a execución dun proxecto de exportación que permita posicionar a empresa no exterior.
5. Empresas que requiran asesoramento para desenvolver /impulsar a súa estratexia de acceso aos mercados e o seu plan de negocio nos destinos.
6. Empresas que non participasen con anterioridade en programas de iniciación de ICEX.
A duración do Programa será de 24 meses, contabilizados dende a firma da «Carta de Adhesión ao Programa».

Contido das axudas:

ICEX Next conta cun total de 60 horas de Asesoramento Personalizado ás empresas (30 horas obrigatorias +30 horas opcionais), prestado por expertos seleccionados por ICEX en distintos ámbitos da internacionalización e competitividade exterior.

A empresa poderá, en función das características do seu modelo de negocio no exterior e do grao de desenvolvemento da súa estratexia internacional, elixir aqueles expertos que lle sexan de maior utilidade de entre os dispoñibles no Programa. ICEX NEXT tamén pon a disposición das empresas participantes a posibilidade de que consultores tecnolóxicos seleccionados para o Programa realicen á empresa unha «Análise de Modelo de Negocio Dixital».

Así mesmo, o Programa apoia gastos de promoción para que as empresas poidan poñer en marcha a estratexia de internacionalización planificada. As empresas acollidas a este Programa poderán beneficiarse doutros apoios incluídos dentro dos Servizos Club Next.

Contía das axudas:

CADRO_AXUDAS_ICEX

Prazo de solicitude:
As empresas interesadas poderán realizar a súa preinscrición no Programa a través da web de ICEX: www.icex.es, ou ben www.icexnext.es ou ben a través do teléfono 902 192 000. A preinscrición ao Programa poderase realizar ata o 31 de decembro de 2015.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información