Axudas á primeira forestación de terras non agrícolas

A Consellería destina 2,5 millóns de euros para apoiar a posta en valor do territorio

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0426-221215-0006_gl.html

Prazo: Ata 29/01/2015

Resumo:

Medio Rural vén de convocar axudas para a primeira forestación de terras non agrícolas, unha liña para a que destina un total de 2,5 millóns de euros. A forestación, que se orienta principalmente á plantación de piñeiros (piñeiro do país, piñeiro radiata, silvestre ou piñeiro de Oregón), poderase facer sobre as superficies catalogadas no Sixpac como forestais, pastos arbustivos ou pastos con arboredo, sempre e cando neses terreos non existise tradicionalmente arborado nunha superficie maior ó 20%.

As superficies mínimas para acceder ás subvencións son de 3 hectáreas en couto redondo (sen discontinuidades) no caso de propietarios particulares, de 5 hectáreas no caso de comunidades de montes de menos de 50 hectáreas, de 10 nas de máis superficie e de 12,5 hectáreas en sociedades de fomento forestal (Sofor). En caso de terreos en Rede Natura, tanto en Sofor como en comunidades de montes, redúcese a superficie mínima a 5 hectáreas.

Liñas subvencionables
As axudas sufragarán os gastos de plantación forestal e de habilitación dun área de defensa contra incendios. Eses gastos inclúen a preparación previa do terreo, a compra da planta, os labores de plantación e materiais necesarios como titores ou protectores, entre outras cuestións.

Tamén se concederán subvencións para infraestruturas de acompañamento, como peches perimetrais, sempre que estean xustificados pola presencia de gando ou fauna cinexética, e para o arranxo de pistas forestais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información