
Firma da adquisición. Foto: Cedida
Hevo Group, con sede en Guadalaxara, acaba de anunciar a adquisición de Avícola Tratante, empresa galega con máis de cinco décadas de traxectoria na produción e comercialización de ovos.
Fundada en 1969 por José Vázquez, e situada na localidade de O Sixto (Dozón, Pontevedra), Avícola Tratante destaca como unha das empresas galegas máis importantes do sector avícola, que conta ademais co selo Galicia Calidade.
Avícola Tratante é nestes momentos unHa das primeiras empresas avícola de Galicia, con marcas tan recoñecidas como “Demillo”. Conta con 350.000 galiñas poñedeiras repartidas en dúas granxas de posta no municipio pontevedrés de Dozón, tres en Carballedo, dúas granxas de galiñas campeIras en Curtis e unha de galiñas ecolóxicas en Arzúa. O seu moderno Centro de Clasificación e de Envasado está tamén no concello de Dozón, do mesmo xeito que a planta de fabricación de pensos, que forma parte do mesmo grupo empresarial familiar.
Con estas incorporacións, Hevo Group reforza a súa presenza en todo o territorio nacional con centros en Guadalaxara, Cuenca, Tarragona, Navarra, Bizkaia e Pontevedra.
Sobre Hevo Group
Creado en 2022 Hevo Group integra na actualidade a emblemáticas compañías do sector da avicultura (Dagu, Ous Roig, Granja Agas, Larrabe, Granja Legaria, El Granjero e Avícola Tratante).
En novembro de 2024 iniciou unha etapa de crecemento e expansión, liderada polo magnate brasileiro Ricardo Faria, ao integrarse no holding Global Eggs, un dos principais líderes na produción de ovos.
Galego









Control OJD