Avanzan as obras de modernización do regadío na Limia, cun investimento de 42,35 millóns de euros

As novas infraestruturas, que se prevé que estean finalizadas para mediados de 2026, beneficiarán a 1.822 regadores que cultivan 2.576 hectáreas en Xinzo de Limia, Trasmiras, Sarreaus e Porqueira

Publicidade

VISITA ÁS OBRAS DO REGADÍO DA LIMIA. O presidente provincial, Luis Menor, asiste ao acto institucional de visita de obras do convenio regulador para financiación e construción, entrega, recepción e seguimento medioambiental das obras de modernización e consolidación dos regadíos da comunidade xeral de regantes Nova Limia. En Camiño Pena a Solveira (Xinzo de Limia).  Tamén participan no acto, Begoña García Vernal (Secretaria de Estado de Agricultura e Alimentación), Francisco Rodríguez Mulero (Presidente de SAIASA), Amador Saburido (Presidente da Asociación de Regantes Nova Limia), María José Gómez  Rodríguez (Conselleira de Medio Rutal) e outras personalidade e autoridades de Limia.

A secretaria de Estado de Agricultura e Alimentación, Begoña García, visitou hoxe as obras de modernización de regadíos que se realizan na Comunidade Xeral de Regadores Nova Limia (Ourense), por valor de 42.350.000 euros (IVE incluído), e das que destacou que permitirán mellorar a vida dos agricultores da comarca e as súas familias.

?Estamos a cumprir escrupulosamente co que o Goberno de España comprometeuse?, asegurou, e engadiu que o Goberno ?cumpre e sabe que esta obra ten que estar finalizada antes de xullo de 2026, como todas as obras do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia?. ?Para o verán de 2026, a xente de Limia ten que estar a regar cun novo regadío, modernizado, con telecontrol e con estas enerxías renovables, en definitiva cunha vida mellor. Ese é o traballo do Goberno de España?, asegurou.

O proxecto de mellora para o aproveitamento en regadío das 42 captacións das augas subterráneas A Limia 2022 modernizará os regadíos das comunidades de regadores de Lamas-Ganade, Alta Limia, Corno do Monte e San Salvador de Sabucedo e beneficia a 1.822 regadores que cultivan 2.576 hectáreas nos municipios de Xinzo de Limia, Trasmiras, Sarreaus e Porqueira.

O obxectivo da actuación, que ten un prazo de execución de 24 meses, é substituír os actuais sistemas de rega con motobombas diésel e tubaxes de aluminio superficiais, por modernas redes de rega presurizadas alimentadas por captacións de augas subterráneas e con telecontrol.

As novas infraestruturas estarán dotadas con estacións de bombeo e filtrado, hidrantes, instalacións solares fotovoltaicas e elementos de regulación e almacenamento, de tal forma que o agricultor dispoña dunha toma de auga a presión próxima á súa parcela e integrada nun sistema de automatización e telecontrol.

A instalación de tubaxes enterradas permitirá mellorar a eficiencia no transporte da auga bombeada desde as captacións até as parcelas, o que se traducirá nun aforro de até o 20 % dos recursos.

Apoio da Xunta de Galicia

Pola súa banda, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reiterou hoxe o compromiso da Xunta co regadío da Limia, un apoio que, entre outras cuestións, concretouse nunha achega de 7 millóns de euros para facer posible un total de 42 captacións de auga. A conselleira participou na visita ás obras de modernización e consolidación dos regadíos da Comunidade xeral de regadores Nova Limia, acto que estivo presidido pola secretaria de Estado de Agricultura e Alimentación, Begoña García Bernal.

María José Gómez, que estivo acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, sinalou que “fai falta seguir traballando xuntos”, todas as administracións implicadas, para garantir o futuro desta iniciativa. Neste sentido, destacou a presenza no acto do presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, e valorou que o organismo provincial tamén se prestou a colaborar no seu cofinanciación.

Nesta liña, a conselleira apelou ao “diálogo continuo e constante” para impulsar este proxecto. Por iso, remarcou que “as administracións estaremos para facer as achegas necesarias para esa cofinanciación” e para apoiar a iniciativa. Así, cualificou o proxecto de “esencial” para unha comarca como A Limia, “especialmente agrícola e onde cada metro de terra produce moitísimo”. Engadiu que en Galicia temos a fortuna de contar co clima e coa fertilidade da terra e por iso podemos ser “a despensa de España e mesmo de Europa”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información