Avances na loita contra o gorgullo do eucalipto

O Grupo Operativo de Sanidade do Eucalipto, conformado por colectivos e empresas do sector forestal, concluíu o proxecto para mellorar a loita contra a praga

Avances na loita contra o gorgullo do eucalipto

Gorgullo do eucalipto.

O sector forestal desenvolveu durante os tres últimos anos un proxecto para mellorar a loita contra o gorgullo do eucalipto. A iniciativa impulsou experimentos para perfeccionar a loita biolóxica e probou novos fitosanitarios, todo elo co obxectivo de aumentar o control da praga. En colaboración coas Administracións de Galicia, Asturias e Cantabria, tamén monitoreou a evolución dos danos do gorgullo, constatando a súa reducción nos últimos anos.

En Galicia, segundo os datos da Xunta, a praga que defolia os eucaliptos reduciuse un 29,8%. En Asturias, o proxecto constatou unha redución dos danos dun 14%, en tanto en Cantabria a baixada foi do 30%. Para o monitoreo de danos, fixéronse tanto evaluacións terrestres como por dron, constatándose que ambas lograban conclusións similares.

Recomendacións
Como mellor vía para un axeitado control da praga, o proxecto recomenda aumentar a formación dos propietarios forestais na detección do gorgullo e en prospeccionar o seu estado, de cara a que poidan aplicar solucións rápidas nas súas propiedades.

A principal vía de combate da praga estase centrando nas soltas de depósitos de ovos parasitadas polo ‘Anaphes nitens’, o insecto parasitoide do gorgullo. O proxecto concluiu que a solta ideal era de 100 ‘Anaphes’ por hectárea e propón ademais que continúe a investigación para incorporar novos parasitoides, en concreto o ‘Anaphes inexpectatus’, que pode ser complementario ó ‘Anaphes nitens’.

En último termo, o Grupo Operativo de Sanidade do Eucalipto, impulsor do proxecto, avoga tamén por ampliar o rexistro forestal de fitosanitarios con produtos de orixe natural. Actualmente, só está autorizado o produto ‘Epik’, co que se trataron 110 hectáreas en Asturias, en concellos como Castropol, Villaviciosa, Pravia ou Salas, así como outras 150 hectáreas en Cantabria (Meruelo, Piélagos, Polanco, etc.).

Ademais, fixéronse experimentos en Cantabria coas sustancias activas Metaflumizona (nome comercial Alverde) y Azadirachtin (nome comercial Zenith) co obxectivo de dispoñer de novos produtos para cando caduque o único que está autorizado nestes momentos, o Epik, comparándose tamén a eficacia dos distintos fitosanitarios.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información