Avances de como será a PAC no 2021 e 2022

Avances de como será a PAC no 2021 e 2022

O Ministerio avanza que poderán deseñarse medidas de apoio ó agro pola Covid ata decembro do 2021.

O Diario Oficial da Unión Europea publicou o 28 de decembro o regulamento transitorio da PAC para o 2021 e 2022. Este regulamento garante a continuidade dos pagos directos do primeiro piar da PAC, así como dos pagos do segundo piar da Política Agraria (agroambientais, zonas con limitacións naturais, etc.). Unha vez publicado o regulamento, o Ministerio preparará o real decreto para lanzar a campaña da PAC 2021, que comenzará con normalidade o 1 de febreiro e está previsto que remate o 30 de abril.

Agricultura avanza que nos Plans de Desenvolvemento Rural que cada comunidade ten en vigor, poderanse deseñar medidas adicionais para paliar os efectos que a crise da Covid está a ter nos distintos sectores do agro. Asegúrase ademais a posibilidade de manter no 2021 os compromisos vixentes no periodo 2014-2020, segundo sinala o Ministerio, e ábrese a opción para que se apoien novos compromisos agroambientais, de agricultura ecolóxica e de benestar animal a partir do 2021, cunha duración inicial de entre 1 e 3 anos.

Fondos Next Generation
Outra novidade é que os Plans de Desenvolvemento Rural contarán con fondos adicionais, no marco dos fondos ‘Next Generation’ impulsados pola Unión Europea para propiciar a recuperación económica. Estes fondos executaranse dentro dos Plans de Desenvolvemento Rural prorrogados, pero cunha programación independente.

As partidas do Next Generation deberán axudar a cumprir cos obxectivos do Pacto Verde (Green Deal), á transición dixital e a potenciar a resiliencia do agro. Agricultura sinala ademais dúas condicións numéricas: polo menos o 37% dos fondos Next Generation deben ir a medidas de benestar animal, Leader ou accións beneficiosas para o medioambiente e o clima. Outro 55% a investimentos, desenvolvemento de explotacións, servizos básicos e cooperación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información