Aumento de afluencia no mercado de Amio, penúltimo do ano

Aumento de afluencia no mercado de Amio, penúltimo do ano

Mercado de Amio. / Arquivo.

O mercado de Amio rexistrou esta semana a entrada de 2.271 reses, 651 máis que a pasada semana. Este incremento tan considerable débese á proximidade das datas de Nadal. Por ese motivo, é previsible que na próxima semana haxa unha baixada na entrada de gando no recinto de Amio. O vindeiro mercado, que será o último do ano, celebrarase o martes 22, en lugar do mércores, día habitual da feira.

No mercado de onte houbo 1.826 cabezas de vacún menor (548 máis que a pasada semana), 247 de vacún mediano (88 máis) e 198 de vacún grande (15 máis).

En canto ós prezos, unha semana máis as mesas de prezos repiten as cotizacións en todas as categorías e calidades de gando, tanto na IXP Ternera Gallega como en gando de recría, vacún maior e becerros medianos para sacrificio.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (16-XII-2020).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información