Aumento de 1,2 millóns de euros para as axudas de maquinaria agrícola en réxime asociativo

O novo orzamento acada os 2,64 millóns e permitirá apoiar a máis cooperativas e sociedades agrarias de transformación

Aumento de 1,2 millóns de euros para as axudas de maquinaria agrícola en réxime asociativo

Imaxe de arquivo.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a orde da Consellería do Medio Rural pola que se amplía a dotación orzamentaria das axudas destinadas ao fomento do uso de maquinaria agrícola en réxime asociativo.

O incremento é de 1,2 millóns de euros, o que eleva o importe total dispoñible ata os 2,64 millóns. Esta medida permitirá beneficiar a un maior número de cooperativas agrarias e sociedades agrarias de transformación (SAT), principais destinatarias destas achegas.

As axudas buscan facilitar a utilización conxunta de maquinaria agropecuaria e impulsar a incorporación de novas tecnoloxías nas tarefas agrícolas. Ademais, contribúen a reducir os custos de produción, especialmente nas pequenas explotacións.

Outros beneficios desta liña de apoio inclúen a racionalización do uso da maquinaria, a mellora da seguridade laboral, a redución das emisións contaminantes e o aforro enerxético. Tamén se poden financiar estudos de viabilidade técnica e económica.

Estas achegas están financiadas ao 100% polo Instrumento de Recuperación da Unión Europea (EURI), dentro do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020. Desde 2016, a Consellería convoca estas axudas cada ano, cun investimento acumulado que supera os 34 millóns de euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información