Aumento das axudas para reforestación e silvicultura

Medio Rural duplica as subvencións para ambas liñas, en vista do gran número de solicitudes recibidas

Aumento das axudas para reforestación e silvicultura

As axudas para silvicultura pasan de 6 a 11 millóns de euros.

O elevado número de solicitudes que se presentaron para optar ás axudas á reforestación e ás axudas a silvicultura, convocadas o pasado decembro, leva á Consellería do Medio Rural a practicamente duplicar as cantidades que destina a ambas liñas. As axudas para o fomento da silvicultura pasan de 6 a 11 millóns de euros, en tanto as de reforestación pasan de 2,5 a 5 millóns de euros, segundo as ordes publicadas esta semana no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os apoios a comunidades de montes e propietarios forestais están impulsados no marco do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020. As axudas teñen como obxectivo o aumento da superficie arborizada e a mellora silvícola das masas existentes.

Os tratamentos de mellora subvencionados consisten en rareos, rozas de mato e podas. Subvenciónanse actuacións tanto en masas de coníferas como nas de frondosas caducifolias, por exemplo en soutos de castiñeiros ou sobreirais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información