Aumento da certificación forestal en montes de xestión pública

Aumento da certificación forestal en montes de xestión pública

Reunión da Xunta cos representantes do sistema de certificación forestal PEFC.

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, mantivo unha xuntanza de traballo a comezos deste mes con representantes do sistema de certificación forestal PEFC, co fin de abordar diversas cuestións que permitan un maior desenvolvemento deste sistema na comunidade.

Neste senso, cabe sinalar que Galicia contén nestes momentos preto de 200.000 hectáreas certificadas con este sistema, das que máis de 75.000 ha están en montes de xestión pública. O obxectivo que se plantexa a Consellería do Medio Rural é superar as 100.000 hectáreas neste ano.

Na reunión estivo presente, entre outros, a secretaria General de PEFC España, Ana Belén Noriega Bravo, e o presidente de PEFC Galicia, Enrique Valero Gutiérrez del Olmo. Así, ambas entidades quedaron de seguir colaborando para desenvolver e potenciar a certificación PEFC en Galicia e a inclusión de servizos ecosistémicos, tales como a fixación de carbono e a conservación da biodiversidade, entre outros aspectos.

Durante a xuntanza tamén se tratou a importancia deste sistema de certificación para garantir a produción sostible dos produtos forestais non madeirables, como é a resina, a castaña e a actividade gandeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información