Aumento da afluencia de gando ó mercado de Amio

Aumento da afluencia de gando ó mercado de Amio

Recría no Mercado de Amio. // Arquivo.

O Mercado de Gando de Amio (Santiago) vai recuperando a afluencia de gando, logo de varios meses paralizado por mor da crise do coronavirus. Esta semana contabilizáronse 1.957 reses, 518 máis que o pasado mércores 27, cando se reactivou a actividade. “Este incremento da concorrencia permítenos prever unha recuperación a curto prazo da actividade comercial no noso mercado”, indican dende o recinto feiral.

En concreto, houbo 1.720 cabezas de vacún menor, 476 animais máis que na sesión anterior. Contabilizáronse 121 de vacún mediano (22 máis que na feira pasada) e 116 de vacún grande (20 reses máis).

En canto ás mesas de prezos, no caso da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega, os vogais non chegaron a reunirse, posto que agardan á reactivación da restauración. Así, esperan poder acudir a vindeira semana.

Respecto ó gando de abasto, a tendencia xeral dos prezos segue sendo á baixa para tódalas categorías e calidades. A demanda mostrouse retraída por mor da incerteza que senten os compradores.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información