Aumentan nun 61% as axudas para a utilización de maquinaria agrícola en común

Aumentan nun 61% as axudas para a utilización de maquinaria agrícola en común

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se amplía a dotación orzamentaria das axudas que promoven a utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia. Así, o crédito pasa dos 3 aos 4,8 millóns de euros, un incremento do 61% para beneficiar un número maior de solicitantes.

O obxectivo destas subvencións, que están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, é fomentar o uso de maquinaria agrícola en réxime asociativo na comunidade, co fin de introducir novas tecnoloxías no emprego deste tipo de equipamentos, á vez que se racionalizan os custes de mecanización, se reducen as emisións contaminantes e se fomenta o aforro enerxético.

A través desta liña subvencionaranse a compra de maquinaria agrícola ata unha achega do 35% dos custos, que poderá incrementarse ata un máximo do 50% se a entidade está nunha zona con limitacións naturais ou se procede dunha fusión. Tamén son susceptibles de subvención os gastos derivados de estudos técnico-económicos de viabilidade.

Os beneficiarios que optan a estas achegas son as cooperativas agrarias e Cooperativas de Utilización de Maquinaria Agrícola (CUMA), as Sociedades Agrarias de Transformación (SAT), así como as cooperativas de explotación comunitaria da terra e as SAT procedentes da fusión de explotacións con menos de 10 anos de antigüidade. En breve darase a coñecer a resolución das axudas aprobadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información