O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) ven de publicar o informe sobre entregas e prezos do leite de vaca correspondente ao mes de xaneiro no que se confirma o incremento da produción con respecto a decembro e en relación ao mesmo mes de 2025, principalmente en Galicia. Os prezos baixan lixeiramente en España e en Galicia mantéñense sen cambios.

Así, a media foi de 0,541 euros o litro a nivel estatal -en decembro foi de 0,542- mentres que en Galicia o prezo medio en xaneiro foi de 0,529 euros o litro, idéntico a decembro.
Polo que respecta á produción, as entregas en xaneiro no conxunto de España ascenderon a 634.720 toneladas, o que supón unha suba do 1,55% respecto a decembro e un 1,67% máis interanual.
En Galicia a producción subiu con máis forza: 266.999 toneladas de leite entregadas en xaneiro, o que representa unha suba do 1,8% se se comprea co dato de decembro pero do 3,46% en relación a xaneiro de 2025.
Por último, e no relativo ás calidades do leite, a media en xaneiro situouse no conxunto do Estado no 4,00 % de graxa e 3,456% de proteína. En Galicia, como ven sendo habitual, os sólidos lácteos foron superiores en graxa, cun 4,05%, mentres que a proteína media quedou nun 3,46%.
O prezo do leite ecolóxico en xaneiro situouse nos 0,653 euros o litro en España e os 0,639 en Galicia.
Descarga aquí o informe completo do FEGA.
Galego









Control OJD