Aumenta o risco de mildeu pola inestabilidade meteorolóxica

Publicidade
Aumenta o risco de mildeu pola inestabilidade meteorolóxica

O último aviso fitosanitario de Areeiro advirte de que as condicións do tempo, con elevada humidade e temperaturas nocturnas bastante altas, son compatibles algúns días para as infeccións de mildeu, o que provocou a aparición de manchas novas en plantas testemuña sen tratar. Sen embargo, as viñas que foran tratadas con funxicidas non presentaron afección, pois as manchas antigas non presentaban zonas de avance.

Ben é certo, sinala Areeiro, que por agora a concentración diaria de esporas de mildeu recollidas no captador de Areeiro é baixa, se ben tamén hai que dicir que é a máis alta do que levamos de campaña.

A curto prazo, tendo en conta a inestabilidade do tempo, cómpre estar alerta e renovar tratamentos nas viñas nas que conclúa o periodo de protección da anterior aplicación. A medio prazo, as prediccións apuntan en principio a unha maior estabilidadre e a unha baixada de temperaturas, co que en teoría diminuirá o risco de infección.

Areeiro lembra que os tratamentos deben aplicarse en días sen vento ou nos que, como máximo, se mova lixeiramente a folla das árbores. Do contrario, o tratamento non quedará no viñedo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información