Ataque do lobo a unha granxa de Friol, o terceiro nos últimos dous anos

A explotación afectada, é unha gandería de vacún de leite que demanda medidas de control do lobo e o pago de indemnizacións “con valores de mercado” e nun “curto prazo”. Unións Agrarias advirte de que os problemas derivados da fauna salvaxe levan ós profesionais a pensar “en tirar a toalla”

Ataque do lobo a unha granxa de Friol, o terceiro nos últimos dous anos

Xovenca ferida polo lobo no ataque

Unha gandería de vacún de leite situada na parroquia de Xiá, no concello lucense de Friol, sufriu este mércores pola tarde, un ataque de lobo a unha xovenca, que quedou gravemente ferida. O ataque produciuse sobre as sete da tarde, a uns 500 metros das casas, e é o terceiro que sofre a mesma explotación nos últimos dous anos.

O gandeiro afectado demanda medidas de control do cánido e compensacións “a prezos de mercado” e pagadas en tempo e forma, tanto das facturas do servizo de veterinarios coma se ao final ten que haber sacrificio do animal

Manexo en extensivo

A gandería afectada conta con arredor de 135 animais de vacún de leite, incluíndo as xovencas. Os animais están en estabulación intensiva, pero arredor dunhas 35 xovencas están en estabulación libre permanente, pasando día e noite nos prados, polo que a presenza dunha manda de lobos no entorno está a xerar un conflito grave.

Unións Agrarias faise eco do problema do lobo e advirte de que os danos sobre o gando estanse repetindo con demasiada frecuencia en moitas zonas de Galicia e tendo en conta que isto súmase á grave crise de presos do leite, “o que está a levar aos gandeiros afectados en pensar en tirar a toalla”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información