Ata o 31 de xaneiro poden solicitarse as axudas para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas

As axudas son anuais e están dotadas cun orzamento de 11,4 millóns de euros a executar entre 2025 e 2027

Publicidade

Adega-Corisca_--A Consellería do Medio Rural lembra que o prazo para solicitar as axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas segue aberto ata o vindeiro 31 de xaneiro. Estas achegas son anuais e están dotadas cun orzamento de 11,4 millóns de euros, a executar entre 2025 e 2027.

Teñen como finalidade mellorar o rendemento global das empresas do sector vitivinícola galego e a súa adaptación ás demandas do mercado, así como aumentar a súa competitividade. Poden beneficiarse destas achegas as empresas vitivinícolas, fundamentalmente as adegas, as organizacións de produtores vitivinícolas, as asociacións de dous os máis produtores con personalidade xurídica; así como as organización interprofesionais e profesionais.

Obxectivos da convocatoria

Os principais obxectivos destas subvencións son, entre outros, os de fomentar a agrupación dos primeiros elos da cadea alimentaria mediante a integración das entidades asociativas e o asociacionismo agrario, así como impulsar os procesos sustentables desde o punto de vista ambiental a través do aforro de enerxía, da eficiencia enerxética global, da utilización de enerxías renovables e da valorización e tratamento dos residuos.

Procúrase, así mesmo, fomentar a certificación ambiental das instalacións das empresas vitivinícolas, a produción ecolóxica e os produtos acollidos a réximes de calidade e os pagamentos de uva por calidade. Outros obxectivos pasan por favorecer a innovación e a implantación de novos produtos e novas presentacións, polo incremento da dimensión empresarial, pola participación dos viticultores e elaboradores na cadea de valor ou por impulsar os investimentos en comercialización e promover a introdución das tecnoloxías dixitais nas empresas.

Mediante estas subvencións pódense financiar os custos de construción, adquisición ou mellora de bens inmobles, a compra de nova maquinaria e equipamentos ata o valor de mercado do produto e os gastos administrativos, sempre que en conxunto non superen o 4% dos custos subvencionables totais da operación. Tamén serán subvencionables a adquisición ou o desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador e de patentes, licenzas, dereitos de autor ou o rexistro de marcas colectivas.

Ligazón á orde no DOG

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información