Ata este xoves poden solicitarse as axudas da Xunta para as ganderías de carne

Ata este xoves poden solicitarse as axudas da Xunta para as ganderías de carne

As ganderías de vacún de carne recibirán case 14,6 millóns de euros de axudas da Xunta

A Xunta lembra que os gandeiros galegos do sector cárnico poden solicitar ata o próximo xoves 15 de setembro máis de 17 millóns de euros en axudas directas e extraordinarias, co obxectivo de paliar a suba de custos de produción agravada tras a invasión rusa de Ucraína. Así, os produtores poderán recibir estes cartos de xeito inmediato, grazas a unha operación de anticipo a un ano acordada coas entidades financeiras que se fará con custo cero para os beneficiarios.

Coas novas subvencións -cuxo anticipo se publicou o pasado 29 de xullo no Diario Oficial de Galicia (DOG)- prevense igualar as axudas do Estado nos sectores de vacún de cebo, ovino, cabrún, avícola e cunícola. Mentres, no caso do vacún en extensivo, increméntanse as achegas do Goberno central nun 46%, ata os case 14,6 millóns de euros.

Enlace no DOG á convocatoria das axudas da carne:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220729/AnuncioG0426-280722-0003_gl.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información