Asturias fíxase na EFA Fonteboa, de Coristanco, como modedo de desenvolvemento rural

VISITA ASTURIAS EFA FONTEBOAUnha delegación do Goberno de Asturias e das cooperativas do Principado efectuaron este xoves unha visita ao Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, en Coristanco (A Coruña), un referente en toda España en formación profesional e de dinamizadores do rural.

A xornada comezou cunha presentación do centro, e a continuación mantiveron unha reunión con alumnado do primeiro curso de produción agropecuaria, quen expuxeron as súas motivacións para cursar estes estudos e os seus proxectos de inserción profesional.

O programa continuou cun xantar con integrantes do comité xestor da EFA Fonteboa e a continuación celebrouse unha mesa redonda á que se sumaron representantes de entidades da contorna coas que a EFA Fonteboa mantén unha estreita colaboracación en materia de formación e de desenvolvemento rural.

A representación asturiana estivo integrada por Maria Begoña López Fernández, Directora Xeral  de Agricultura, Agroindustria e Desenvolvemento Rural e Ignacio García Pérez, Xefe de sección do Servizo de Desenvolvemento Rural (competencias de formación no ámbito agrario) do Goberno do Principado de Asturias. Ademais, da Consellería de Presidencia, Reto Demográfico, Igualdade e Turismo asistirá Marcos Niño Gayoso, Director Xeral de Reto Demográfico, e o Servizo Público de Emprego do Principado de Asturias estivo representado pola súa directora-xerente, Begoña López González. Tamén participou na visita Isabel Díaz Pérez, directora- xerente de Cooperativas Agoralimentarias do Principado de Asturias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información