A asturiana Capsa Food adquire o 40% de Innolact SL, empresa galega especializada en queixo crema coa marca Quescrem

Este mares,16 de xullo, CAPSA FOOD asinou o contprodutos Quescrem1rato de compra do 40% do capital Innolact S.L, empresa galega especializa en queixo crema baixo a marca Quescrem e con sede no municipio lucense de Castro de Rei, que até este momento pertencía de diferentes accionistas minoritarios, quedando o outro 60% en mans dos seus socios fundadores.

A adquisición non levará ningún cambio na dirección e xestión de INNOLACT, continuando á fronte da mesma o seu actual director xeral, Sergio Martinez, socio fundador de Quescrem. No que se refire á súa actividade produtiva, tampouco sufrirá ningunha variación porque continuará desenvolvéndoa nas súas actuais instalacións situadas en Galicia, onde tamén leva a cabo a súa recollida, apoiando así as explotacións gandeiras galegas.

Ambas as partes destacan que “esta alianza estratéxica con CAPSA FOOD, empresa do Grupo Central Lechera  Asturiana, e compañía líder do sector lácteo español, permitirá a Quescrem consolidar e dinamizar o seu plan de crecemento nos distintos segmentos que opera: queixo crema e mascarpone, aumentando o seu impacto no sector lácteo galego a través do aprovisionamento de leite galego e contribuíndo ao desenvolvemento do emprego rural en Castro Ribieras de Lea, lugar onde se atopan as súas fábricas. Tamén afianzará a súa expansión coa inminente posta en marcha dunha importante ampliación da súa segunda fábrica en Castro de Rei, cun investimento de máis de dez millóns de euros entre 2022 -2024, dentro dun plan global de investimento que supera o dezaseis millóns de euros”.

En 2023 Quescrem facturou 25 millóns de euros, consolidando un crecemento continuado desde o inicio da súa actividade industrial en 2008.

Para CAPSA FOOD, a operación reforza a súa aposta de crecemento o mercado de queixos. Cabe lembrar, que, a finais de 2023, a compañía láctea asturiana completou o 100% da participación de “Lácteas Flor de Burgos S.L”, tras a compra do primeiro 50% a principios de 2020.

Ademais, “a forte cultura innovadora de Quescrem e a súa estrutura de I+D+i, será un activo que axudará a CAPSA FOOD a dinamizar a categoría de queixos, compartindo ambas o seu coñecemento, así como os valores comúns nos que se asintan as estratexias das dúas empresas, como a alimentación saudable, a innovación, a excelencia e o traballo en equipo”, destacan desde CAPSA FOOD.

Para José Armando Tellado, Director Xeral de CAPSA FOOD, “con esta alianza estamos a dar un paso adiante na nosa vocación de crecer e liderar o mercado de queixos en España e no exterior a través da innovación e o talento”.

Pola súa banda, Sergio Martinez, director xeral de INNOLACT S.L engade que “coa incorporación de CAPSA a Quescrem impulsamos o crecemento da nosa actividade, xerando importantes oportunidades de innovación e internacionalización. Con esta alianza, reafirmamos o noso compromiso de mellorar a sustentabilidade da cadea de valor do sector lácteo”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información