A asociación Proecogal ofrece a súa axuda e colaboración ás ganderías afectadas polos lumes

Asemblea de PROECOGAL. Foto: Arquivo

Asemblea de PROECOGAL. Foto: Arquivo

A asociación Produtores e Produtoras de Ecolóxico de Galicia (PROECOGAL) amosa a súa “dor e consternación pola vaga de lumes que están arrasando o noso rural”. Asimesmmo, ofrece a súa axuda e colaboración para os afectados que perderon tanto a alimentación do seu gando coma os propios animais ou instalacións.

Por último, dende PROECOGAL reivindican “a promoción da agricultura e gandeiría extensiva e ecolóxica como modelo de sostibilidade e prevención de incendios, entre moitos outros beneficios ambientais e sociais, como o establecemento de familias no rural”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información