A Denominación de Orixe Rías Baixas abordou a
Dende a Asociación lembran que en xullo xa se manifestaron en contra de quen pedía aumentar a 15.000 quilos por hectárea os rendementos de produción da vendima 2025, “o cal colapsaría as adegas e tiraría polo chan os prezos da uva”.
Os datos dos mercados a nivel internacional avalan esta postura de prudencia. A Fruga propón o control de rendementos e a paralización das inscricións. Segundo os datos da Organización Internacional da Viña e do Viño (OIV), a demanda global contraeuse ata os 214 millóns de hectolitros, debido á inflación, aos cambios nos hábitos de consumo e á inestabilidade de mercados clave, como pode ser o caso do estadounidense.
A Fruga di defender unha postura do sentido común ante quen está desconectado da realidade
A Fruga considera que é preciso analizar estes datos antes de formular propostas que poden ir en contra das solucións ao problema. Por iso, dende a asociación, e co obxectivo de garantir o futuro da Denominación de Orixe e dos pequenos produtores e produtoras, valoran adoptar medidas baseadas na coherencia e na planificación.
Primeiramente piden a ordenación estrita do potencial vitivinícola, posto que consideran urxente pór freo ás expansións desmesuradas da superficie de viñedo, e máis cando esas expansión proveñen de grandes empresas e fondos de investimento que -din- están facendo competencia desleal ás adegas galegas.
Tamén, poñen o foco no control dos rendementos por hectárea. A asociación defende a necesidade de controlar os rendementos produtivos, primando a calidade por riba da cantidade. Sosteñen que é unha realidade que a produción orientada á cantidade reduce os prezos da uva.
Finalmente, piden unha planificación estratéxica a longo prazo, rigor e sentido común. Indican que defenderán a supervivencia dos pequenos viticultores e “a postura do sentido común ante quen está desconectado da realidade”.
Galego










Control OJD