A Asociación Forestal do Interior de Lugo avanza as súas alegacións á “moratoria do eucalipto” e propón unha “cuota do carballo”

Publicidade

As plantacións de eucalipto habituais nesta época do ano tamén se están a retrasar esta primavera

A recentemente constituída Asociación Forestal do Interior de Lugo (AFIL), que asegura representar xa a perto de 600 propietarios forestais de 40 concellos do interior da provincia lucense, ven de avanzar as súas alegacións á prórroga da moratoria do eucalipto presentada o pasado 16 de outubro pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez.

AFIL reitera o seu desacordo con esta medida, tal e como está deseñada, ao considerar que limitará notablemente os dereitos dos propietarios forestais do interior da provincia de Lugo, en detrimento dos propietarios de plantacións de eucalipto en zonas de costa.

En concreto, estas son as alegacións que a asociación vai presentar á Lei de acompañamentos dos orzamentos Galicia 2026, texto no que se introduce a moratoria do eucalipto,:

“-Con relación ao apartado dezaseis, a denominada “COTA DO EUCALIPTO”, non imos a plantexar ningún tipo de cambio nesta proposta, si queremos indicar que coñezemos a intención desta medida, que tal e como se puxo de manifesto na presentación no día de hoxe xoves 13 de novembro de 2025 dos datos do Inventario Forestal Continuo de Galicia (IFCG) o Eucalyptus globulus (especie á que vai dirixida esta proposta) está acadando producións moi baixas consecuencia do esgotamento, reiteradas patoloxías e falta de xestión, de tal xeito que este “dereito- cota” é un segundo paso do mercado regulado do eucalipto galego, de forma que os propietarios do eucalipto da zona da Costa manteñan o control sobre a produción, eso si, xa non na Costa, porque non produce, senón que trasladando o dereito a parcelas máis productivas para Eucalyptus nitens que se atopan nos nosos concellos e impedindo aos seus lexítimos propietarios poder plantalo por non ter COTA.

No apartado dezasete, propoñemos a seguinte modificación con relación o nº7 b) e d) que quedaría redactado da seguinte forma:

“b) A plantación do xénero Eucalyptus quedará limitada a un máximo do 60% da superficie de piñeiro eliminada, debendo repoboarse o 40% restante con calquera outra especie de coníferas ou frondosas permitidas, agás o xénero Eucalyptus. En parcelas de máis de 3 ha. Este porcentaxe aplicase directamente, no caso de parcelas de menos superficie poderase aplicar en varias parcelas.”

Consideramos que o mínimo de rendabilidade soamente se pode acadar co 60% do xénero Eucalyptus. Tamén establecemos que se poida aplicar en varias parcelas ditas porcentaxes, en caso de que o propietario dispoña delas, polo contrario nunha soa parcela de reducido tamaño é inviable técnicamente facer este tipo de actuación.

d) Esta excepción será de aplicación únicamente naquelas zonas con afectación grave da enfermidade e publicarase antes do 30 de marzo de cada ano un mapa cos concellos de aplicación.

Introducimos esta aclaración debido á experiencia coa Administración Forestal Galega e os seus tempos. Se non se obriga a un calendario de aplicación esta medida nunca se poderá aplicar.

Como aportación de AFIL neste cambio lexislativo está a CUOTA DO CARBALLO de xeito que propoñemos un novo punto 8 coa seguinte redación.

8. Asi mesmo, para garantir a xestión forestal sostible, a creación de mosaicos fronte a lumes, a agrupación forestal e conquerir a valorización das frondosas autóctonas, os propietarios poderan presentar un documento simple de xestión (art. 79 2 b) da Lei 7/2012, de montes de Galicia) equilibrado no cal poderan ter como máximo un 60% do xenero Eucaliptus, e o 40% restante distribuido entre coniferas e frondosas sen que ningún deles sexa inferior ao 15%. Este documento virá acompañado dunha declaración responsable por parte do propietario do seu cumprimento.

Cremos na multifuncionalidade do monte definida polo cumprimento da terna formada pola pata productiva, a ecolóxica e a social. Para conseguir a sostibilidade a permanencia do ecosistema forestal necesitamos cumplir estas tres funcións sen perder de vista ningunha delas.

Na mesma presentación antes aludida do IFCG 2024, púxose de manifesto que as zonas de frondosas atópanse representadas substancialmente nos nosos distritos. Nós queremos que esto siga sendo así. Para poder levalo a cabo precisamos que estas superficies sexan valorizadas, e esto facémolo directamente por medio da CUOTA DO CARBALLO, no que as frondosas e a súa valorización son o eixo principal. Deste modo o propietario que queira facer novas plantacións productivas ten que ter un mínimo de superficie de frondosas e coniferas. Márcanse uns mínimos de frondosas dun 15% e un mínimo de coniferas e frondosas dun 40% da superficie total de modo que o propietario forestal nas súas parcelas vai ter un equilibrio entre produción e protección.

Todas as especies teñen o seu espazo máis adecuado e os monocultivos forestais son un erro dende todos os puntos de vista, non só para a loita contra pragas ou enfermidades senón tamén contra os incendios forestais. Deste xeito, búscase un equilibrio no que cada propietario debe ver as mellores zonas para cada unha das especies e como bo coñecedor dos seus montes elixe a zona mellor para as frondosas, as coniferas e o eucalipto”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información