A Asociación Forestal de Galicia organiza este mes catro obradoiros sobre poda do castiñeiro

Dous dos cursos oriéntanse á poda de castiñeiro para a produción de froito e outros dous á obtención de madeira de alto valor

A Asociación Forestal de Galicia organiza este mes catro obradoiros sobre poda do castiñeiro

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) desenvolverá este mes de xuño unha serie de cursos prácticos sobre poda de castiñeiro. Dous dos cursos abordarán a poda para a produción de castaña e os outros dous a poda para a produción de madeira de alto valor. Estas accións formativas buscan promover un correcto manexo das plantacións de castiñeiro, pois en función de cal sexa o seu obxectivo (madeira ou castaña), teñen as súas particularidades de xestión.

A actividade é gratuíta e será impartida por persoal técnico de longa traxectoria e experiencia na poda de soutos. Os destinatarios do curso son propietarios ou xestores de montes interesados na xestión de soutos e plantacións de castiñeiros.

Talleres de poda para a produción de castaña
O primeiro dos obradoiros sobre poda para produción de castaña desenvolverase o venres 14 de xuño (tarde) no monte demostrativo do Pico Sacro (Boqueixón) e o día seguinte, sábado 15 (mañá), haberá outro no municipio de Cerceda (A Coruña).

Talleres de poda para a produción de madeira de alto valor
En canto ós obradoiros sobre poda para a produción de madeira, o primeiro está programado para o sábado 22 de xuño (mañá) no monte demostrativo do Castelo (Culleredo), e o último curso deste programa será o sábado 29 en Fornelos de Montes (mañá).

Inscripcións
As persoas interesadas en participar nalgún destes talleres deberán comunicalo enviando un correo ao enderezo afg@asociacionforestal.org, ou chamando aos teléfonos 981 564 011, 981 569 140 ou 618 752 214. Para a inscrición solicitarase o nome completo da persoa que desexa participar, o seu teléfono de contacto e un enderezo de correo electrónico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información