A Asociación Forestal de Galicia organiza en Vigo e Ponteareas xornadas de formación en Xestión de Comunidades de Monte Veciñais en Man Común

A Asociación Forestal de Galicia organiza en Vigo e Ponteareas  xornadas de formación  en Xestión de Comunidades de Monte Veciñais en Man Común

Cabalos no monte veciñal O Carballo, en Friol

A Asociación Forestal de Galicia organiza ao longo deste mes de xullo dúas xornadas de formación en Vigo o día 11 e en Ponteareas o 18 de xullo sobre “Xestión de Comunidades de Monte Veciñais en Man Común”.

Estas accións están organizadas pola AFG e contan co financiamento da Axencia da Industria Forestal da Xunta de Galicia. A participación nestas accións formativas é gratuíta.

A actividade vai dirixida ás persoas que compoñen as Xuntas Reitoras de Comunidades de Montes, técnicos e comuneiros e comuneiras en xeral.

Aínda que a inscrición é gratuíta, é necesario que se inscriban de cara a preparar a documentación que se lle entregará aos  asistentes (manuais), e para poder respectar as limitacións de aforo que están en vigor na actualidade. A inscripción pode realizarse nos teléfonos  986 660 864 e 618 752 220 ou no enderezo electrónico afgxinzo@asociacionforestal.org

Hora e lugar das actividades:

-Vigo: sábado 11 de xullo ás 10:00 horas na AVCD San Xurxo de Saiáns.

-Ponteareas: sábado, 18 de xullo ás 10:00 horas no Centro Cultural Xinzo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información