A Asociación de Colleiteiros do Ribeiro e Viticultura Artesanal de Galicia celebra a súa asemblea anual

Publicidade

asemblea colleiteiros ribeiro 2026O día 11 de Febreiro de 2026 tivo lugar en Ribadavia a primeira xuntanza xeral do ano 2026 da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro e Vitivinicultura Artesanal de Galicia.

A Asociación de Colleiteiros do Ribeiro está formada por un amplo colectivo de colleiteiros da comarca do Ribeiro e doutras zonas de Galicia. A súa finalidade é amparar os pequenos produtores de viño con viñedo propio, co fin de defender o territorio, mellorar a vida dos veciños e vitivinicultores, procurar a recuperación e posta en valor dos viñedos, fomentar a elaboración de grandes viños baseados no potencial de todas as castes autóctonas e recuperar a tradición e a historia. Asemade, tamén se marca como obxectivo apoiar a todos os pequenos produtores que fagan unha vitivinicultura respetuosa co medioambiente e co territorio, buscando a produción de viños máis sans e libres de funxicidas e pesticidas seguindo os parámetros dun modo de viticultura rexenerativa.

Nesta xuntanza tratáronse varios temas que teñen que ver coa promoción dos pequenos produtores en eventos de interese tanto nacionais coma internacionais, con actividades de promoción e posicionamento da marca colleiteiro mediante a participación en eventos vitivinícolas e acordos con produtores das mesmas características a nivel nacional e internacional. Ademais, abordouse o papel da revalorización do territorio mediante a clasificación do viñedo.

Os asuntos máis importantes que se trataron foron os seguintes:

-Nova website dos colleiteiros e xestión de redes sociais

-Feira do Viño do Ribeiro: participación e condicións.

-Información sobre a actividade do C.R.D.O. Ribeiro: Plenos, comisións informativas, etc

-Feiras e eventos nacionais e internacionais: Vigo, Santiago , A Coruña, Barcelona, Madrid, Londres, Porto, Milán, etc

-Difusión e promoción da marca colleiteiro e do territorio do Ribeiro naqueles mercados máis sensibles a viños de pequenos produtores e artesáns.

-Revalorización do territorio Ribeiro, prestando special atención á clasificación do viñedo.. Fortalecer a figura do colleiteiro no mercado interior, na propia comarca, mediante actos, eventos e local de promoción e venda.

-Organización interna, censo de asociados, cuotas e admisións. Apertura a novos colleiteiros doutros sitios de Galicia, baixo o paraugas de Vitivinicultura Artesanal de Galicia

-Acordos e convenios con outras organizacións de pequenos produtores a nivel nacional e internacional.

-Axudas e convenicos coa administración pública: Deputación de Ourense, Concellos, Xunta de Galicia, etc.

Finalmente acordouse a organización da II edición do Colleiteiro Son Festival, un evento que irá percorrendo as adegas e viñedos de cada colleiteiro nas diferentes aldeas do Ribeiro, durante os meses de verán, con viño, gastronomía e música, e que rematará cun gran Festival dos Colleiteiros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información