A Asociación de asesores rurais de Galicia visita o País Vasco

En novembro de 2025, a Asociación de Asesores Rurais de Galicia (AARG) realizou unha visita formativa técnica co obxectivo de coñecer e compartir experiencias sobre o asesoramento rural nesta comunidade.

A Asociación de asesores rurais de Galicia visita o País Vasco

A acción formativa encadrada na contorna AKIS 2025 foi subvencionada pola Deputación de Lugo, a través da Vicepresidencia da Área de Medio Rural, Mar e Mocidade.

Esta xornada de intercambio e aprendizaxe foi coordinada por varias Axencias de Desenvolvemento Rural (ADR) Vascas, e permitiu aos participantes coñecer de primeira man as diferentes iniciativas e modelos de desenvolvemento rural na rexión, centrados en impulsar e apoiar iniciativas que contribúan ao desenvolvemento do ámbito rural. O itinerario incluíu visitas a explotacións agroalimentarias, centros de transformación e proxectos experimentais, o que ofreceu unha visión integral sobre as prácticas de asesoramento e a innovación no ámbito rural do País Vasco.

A visita técnica aos grupos de desenvolvemento rural do País Vasco permitiu aos membros da Asociación de Asesores Rurais de Galicia coñecer de primeira man os diferentes modelos e estratexias de asesoramento rural que se implementan na rexión.

As visitas ás explotacións agroalimentarias, centros de transformación e espazos de investigación agroalimentaria mostraron como a innovación, a cooperación e a sustentabilidade como factores crave para o desenvolvemento rural no País Vasco.

As principais aprendizaxes e información obtidas son os seguintes:

-Iniciativas que axudan a fixar poboación no rural.
-A importancia da colaboración entre administracións públicas, empresas privadas e produtores para lograr un desenvolvemento rural equilibrado e sostible.
-O papel crucial dos espazos de proba e innovación agroalimentaria na creación de novas oportunidades económicas no medio rural.
-A necesidade dun asesoramento integral que non só enfóquese na produtividade, senón tamén na sustentabilidade e na mellora da calidade de vida dos habitantes rurais.

Recomendacións: 

Unha vez realizada a a análise e comparativa do seu sistema de asesoramento e o de Galicia, concluiron na necesidade de adoptar as seguintes liñas de traballo:

-Fomentar a cooperación entre axentes: É fundamental crear redes de colaboración entre produtores, cooperativas e administracións para fortalecer as economías rurais.

-Promover a innovación: Potenciar os espazos de innovación como os Espazos Test Agrarios e Espazos Agroalimentarios para que os emprendedores poidan experimentar con novas tecnoloxías e modelos de negocio.

-Sustentabilidade e diversificación: Fomentar proxectos que integren prácticas sostibles na agricultura e gandería, apoiando a diversificación de actividades económicas nas zonas rurais.

PXL_20251121_083015952.MP copia  

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información