Dende a asociación Agromuralla informan de que están en contacto coas ganderías afectadas polos incendios forestais para axudarlles e levarlles forraxe para os animais.
“Quen queira facer donativo de forraxe que contacte con nos por privado da nosa conta de Facebook ou a través do correo agromuralla@gmail.com “, aseguran.
“De igual xeito, nos vindeiros días, poñeremos a disposición unha conta bancaria para recaudar fondos e invertilos en material, materias primas ou útiles que poidan precisar. Informaremos do número de conta cando o teñamos disponible. É o noso desexo que reciba a axuda quen realmente a precisa, polo cal nas entregas de donativos estará presente alguen de Agromuralla e daremos conta das mesmas”, engaden dende a asociación.
Por último, Agromuralla traslada “moito ánimo a todos os que estades traballando nas tarefas de extinción, tedes o noso respeto e admiración. Estamos con vós. Como dicimos sempre: a unión fai a forza”.
Galego









Control OJD